Eduardo Blanco e Esteban Blanco fixéronse co II Torneo de Pádel Concello de Dodro

Entrega de trofeos
O 5 e 6 de xullo disputouse o II Torneo de Pádel Concello de Dodro na pista de Lestrove. As parellas finalistas foron Eduardo Blanco / Esteban Blanco e Carlos Señorís / Roi Pérez. O partido xogouse baixo un sol de xusticia que fixo sufrir ós contendentes. Despois dunha hora leváronse o campionato Eduardo Blanco e Esteban Blanco cun resultado de 6/4 e 6/6 no segundo sendo necesario ir ó tie break.
O concelleiro de deportes José Núñez estivo vendo a final e entregou os trofeos ó rematar a mesma.
Dende a concellería de deportes trabállase xa para organizar unha liga de pádel aproveitando a recente dotación da mesma de luz artificial que permite utilizala nas noites de verán.