Dolores Rodríguez, elixida Miss Simpatía no Certame Miss Galicia Terceira Idade

A cedeirense galardoada
Dolores Rodríguez Piñón foi nomeada Miss Simpatía no certame de Miss e Míster Galicia da Terceira Idade, un concurso que cada ano congrega centos de persoas maiores procedentes dos diferentes centros sociais da Comunidade galega. E un certame no que habitualmente os homes e mulleres da vila alcanzan bos postos.
Sen ir máis lonxe, na edición do 2012 a cedeiresa Herminia Díaz Martínez era coroada Miss Galicia.
Novamente, o Concello, a través da Concellaría de Servizos Sociais, organizaba o pasado domingo unha viaxe á localidade de Melide para asistir ao concurso. Nesta ocasión, o título que acredita a muller máis fermosa recaeu nunha veciña da localidade promotora do certame,
Dolores Valiño, mentres que no apartado masculino foi para José Parama, de 84 anos e natural da Estrada.
O certame contou coa cantante galega e actriz Teté Delgado que, xunto ao seu grupo “Teté e os ciclóns”, amenizou a xornada coa súa música. Paralelamente á elección de miss e míster Galicia e demais modalidades, celebrouse a vixésima edición de pasodobres, onde a parella
gañadora resultou estar formada por dous veciños de Furelos, María e Roberto. O obxectivo deste certame que se organiza cada ano en Melide é o de recoñecer e difundir a beleza tanto interna como externa e a elegancia e simpatía dos maiores de Galicia.











