publicidade hoxe

Dodro acolle seráns de traballos artesanais e labores con fío

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+

O pasado luns, 1 de xullo, o Concello de Dodro clausurou os “seráns de traballos artesanais e labores con fío, actividade formativa de oito meses de duración,  que forma parte da programación anual do Departamento de Cultura dende o ano 2009 e que ten como obxectivos: promover a conservación do patrimonio cultural a través da recuperación dos traballos artesanais con fío e crear un espazo de formación e de convivencia que estimule a creación artística no seo da comunidade.

Na actual edición un total de 16 mulleres de idades comprendidas entre os 26 e os 65 anos realizaron diferentes traballos baseados no encaixe de bolillos, croché, bordado artístico a man e centón.

8 de xullo de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.