Dioco xa forma parte do programa Hedra, de usos de espazos na Casazul
A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces asinou esta mañá o protocolo polo que a Asociación senegalesa de Pontevedra “Dioco” dispón dende hoxe un espazo na Casazul grazas ao programa Hedra. Pola asociación, o protocolo foi asinado polo presidente da asociación, Abdul Fatta Seye.
A asociación Dioco aposta pola integración sociocomunitaria do colectivo senegalés na cidade de Pontevedra e ten entre os seus fins o
fomentar o achegamento e o respeto entre diferentes comunidades.
Cabe lembrar que o programa Hedra ten como obxectivo consolidar o tecido social do Concello de Pontevedra impulsando e favorecendo o
movemento asociativo que atinxe ao eido do benestar social.
A achega da Casazul consiste en proporcionar e rendabilizar os recursos, como pode ser o emprego dun espazo na propia Casazul así como o
uso das súas instalacións para acadar un efecto sinerxia aproveitando as redes de apoio con políticas axustadas ás circunstancias socioeconómicas actuais.











