Diego Romero e Ton Campos inauguran o campamento de verán de piragüismo en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalNigrán
A-
A+
Os campións na visita ao campus

Os campións na visita ao campus

O Campión do Mundo e de Europa de C1 Maratón, Ton Campos, e o tamén canoísta internacional S23 Diego Romeu, gañador de dúas medallas de bronce nos  Campionatos de Europa de Polonia do pasado mes de xuño,  foron os encargados de inaugurar o campamento de verán de piragüismo do Concello de Nigrán. Son dous dos canoístas españois máis en forma do momento e xuntos lograron o pasado xoves imporse ao C2 de José Luís Bouza e Marques que partían como favoritos e viñan de participar o mes pasado en C2 1000 e C2 500  no europeo absoluto de Portugal.

Máis de 25 nenos de entre 6 e 16 anos nesta segunda edición deste campamento de verán, que onte completou a súa primeira xornada. Primeiro contacto co material e a auga pero tamén unha charla moi especial de Ton e Diego, que compartiron as súas experiencias cos nenos do campus e terminaron asinando autógrafos a todos os pequenos.

A próxima semana Diego Romeu viaxará a Canadá a participar no Campionato do Mundo Júnior e S23. En agosto ambos serán protagonistas do mundial de Pista en Alemaña e en setembro Ton tentará reeditar o seu título de Campión Mundial de Maratón.

23 de xullo de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.