Descontos especiais e animación na rúa, na Noite Branca que organiza Culleredo mañá no Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

Todo listo no Burgo para acoller mañá venres a súa propia Noite Branca, unha iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. O goberno municipal e os comerciantes ultimaron os detalles da que promete ser unha gran noite de compras e de animación nas rúas.

A Noite Branca desenvolverase no centro urbano do Burgo. Participarán unha trintena de negocios no entorno da praza de Europa, rúa Sanjurjo de Carricarte, rúa Hersa, avenida de Acea de Ama e avenida de Galicia, que abrirán as súas portas no horario especial de 20.30 a 24.00 horas.

Os descontos dos establecementos poderán chegar ata un 70%. A variedade de sectores comerciais da zona fai que os clientes podan atopar ofertas de diferentes clases nos negocios.

Así, nesta Noite Branca poderase mercar, por exemplo, moda infantil a un 50% de rebaixa, libros a 1 euro, bonos de 4 peiteados e un corte por 40 euros, unha sesión de fotos de estudio a un 20%, ou unha limpeza facial ao 50% do prezo habitual. Outros negocios optan por
obsequios ao cliente, coma un perfume de bolso, un agasallo sorpresa, ou unha copa de cava.

Ademais, tamén dende as 20.30 ás 24:00 horas na Librería Copyburgo, a pintora Lidia Carrillo realizará de balde caricaturas, debuxos a carboncillo ou a tinta aos viandantes que se pasen pola librería.

A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, anima aos veciños de Culleredo e dos arredores a acudir a esta Noite Branca do Burgo para descubrir un comercio local “de calidade e moi variado”. A edila aposta por apoiar desde o Concello “ao máximo” aos negocios
para que teñen un pulo económico nesta difícil situación de crise.

Dinamización na rúa

O Concello dinamizará ás rúas para atraer visitantes ao Burgo. As rúas contarán con iluminación festiva e animación (música, malabares, fogo,….), e na entrada das rúas peoníscomerciais haberá os chamados skytubes coma sinalización da Noite Branca. O concelleiro de Dinamización Local, Juan Carlos Iglesias Lovelle, sinala que todas as empresas participantes na iniciativa contarán cun distintivo de globos brancos e prateados, ademais duns farolillos brancos identificativos.

Lovelle, asegura que o goberno municipal impulsará “os máximos esforzos” para impulsar o desenvolvemento comercial a través de eventos e programas que coma este atraian a xente a Culleredo. A animación na rúa pretende incentivar a que os clientes acudan, mesmo en familia, gozando das actividades e visitando os comercios.

A programación da Noite Branca será a seguinte:

· 19.00 horas: CASTELO MÁXICO (NA PRAZA DE EUROPA)

Tres personaxes nunha carpa simulando un castelo farán que os nen@s visitantes se caractericen de princesas, magos, fadas…, se maquillen e gocen dunha sesión de contos en grupos de 10 nenos cada 20 minutos.

· 19.30 horas.: FAITE UNHA FOTO DE… (NA PRAZA DE EUROPA)

Unha personaxe caracterizada dos anos 20 dinamizará aos paseantes para que se fagan unha foto cun fondo habilitado para a ocasión.

· 20:00 horas.: PASARÚAS/ANIMACIÓN NOCTURNA (NA ZONA COMERCIAL)

Levarán a xente que pasea a visitar o escaparate vivente e a mercar polas ofertas comerciais. Os clientes poderán atopar representacións, espectáculos de malabaristas, mazas e lume.

SPEAKER/LOCUTOR

O locutor será o encargado de dinamizar radiofonicamente toda a rúa. Informará dos actos que se vaian realizar en cada momento, divulgará as promocións dos comercios desa noite, ou realizará pequenas entrevistas tanto aos comerciantes como aos paseantes.

· 20.30 horas.: MASTERCLASS (NA PRAZA DE EUROPA)

Exhibición de coreografías . Aprendizaxe de pasos e execución da coreografía aprendida .

· 20:30 horas.: ESCAPARATE VIVIENTE (en EME, rúa Sanjurjo de Carricarte)

3 actores/actrices van compoñendo diferentes escenas / viñetas… diante da divertida mirada dos espectadores.

· 20:30 horas.: CANTAUTORA CON GUITARRA ESPAÑOLA

Durante 25 minutos ofertará un repertorio de cancións coñecidas tanto clásicos coma música contemporánea.

· 20:30 horas: FOTOCALL

Usando un fondo chroma, un fotógrafo sitúanos como viaxeiros. A través dás novas tecnoloxías poderanse anexionar os logos dos comercios ou no seu defecto o logo da asociación do comercio de Culleredo.

· 21:00 horas: CABARET MUSICAL (Praza Sanjurjo de Carricarte)

Espectáculo musical onde unha cantante e dous músicos fan percorrido por grandes clásicos da música contemporánea.

· 22:30 horas: ACTUACION Do GRUPO MUSICAL LOS VERSIONETTES (Praza Sanjurjo de Carricarte)

· 24:00 horas: SORTEO DUN CHEQUE -REGALO

Ademais, desde as 20.30 ás 24.00 horas funcionará un posto de algodón de azucre, de balde, para as persoas que compren na zona comercial, ás que se lles entregará un ticket. Este posto estará situado na confluencia das rúas Sanjurjo de Carricarte e Hersa.

18 de xullo de 2013 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.