Declaración de solidaridade do Concello de Allariz coas vitimas do sinistro ferroviario en Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal
A-
A+

O Concello  de Allariz quere expresar a inmensa dor pola traxedia derivada  do accidente ferroviario acontecido en Santiago de Compostela o 24 de xullo de 2013 e reiterar a nosa solidariedade e apoio as vítimas, familiares e amizades afectadas polo sinistro ferroviario.

Queremos recoñecer así mesmo a lección de solidariedade amosada polo pobo galego diante deste drama así como o labor de axuda realizado polos veciños e veciñas do lugar afectado, doantes de sangue, traballadores dos servizos de emerxencia e protección civil, policía, persoal sanitario, etc..

Queremos finalmente  solicitar o esclarecemento e investigación sobre o acontecido e sobre as causas e deficiencias que puideron provocar o accidente para que feitos desta natureza non se volvan a reproducir no futuro.

26 de xullo de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.