Da comezo o campus de verán de fútbol das Escolas Deportivas Val Miñor
O terceiro campus deportivo de verán do Concello de Nigrán, o de fútbol a cargo das Escolas Deportivas Val Miñor, comeza hoxe coa participación dunha trintena de nenos e nenas de entre catro e catorce anos. O campamento celebrarase até o vindeiro venres en horario de 10.00 a 14.00 horas nas instalacións de URECA e no Campo de Fútbol Condomínguez.
O Concello de Nigrán lembra que as inscricións para os campus das próximas semanas ?tenis, piragüismo, fútbol, pádel e BTT, permanece abertas até cubrir as prazas dispoñibles. Os campus deportivos de verán, que nesta edición suman oito alternativas, foron deseñados polo Concello de Nigrán, en colaboración con clubs do municipio, co dobre obxectivo de fomentar a práctica de deporte entre os máis pequenos da casa así como para axudar a conciliar a vida laboral e familiar.
Máis información e inscricións na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, no teléfono 986 36 87 34, no correo electrónico oficinaturismo@nigran.org, ou no departamento de Cultura, no 986 36 50 00 ou no correo electrónico cultura@nigran.org.











