Curso de fabricación de velas en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

Este próximo mércores, 10 de xullo, remata o prazo para as persoas interesadas en participar no Curso de Vela que se vai impartir no Concello de Cabanas, que correrá a cargo da Deputación da Coruña e que vai levarse a cabo entre o 15 e o 19 de xullo. Para poder participar no mesmo, o requisito a cumprir será ter unha idade comprendida entre os 9 e os 18 anos, ambos inclusive.

Neste programa de vela terán lugar diversas actividades relacionadas coa navegación, como iniciación ós conceptos teóricos da navegación a vela, iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños ou realización práctica de navegación a vela. O prezo por participar no mesmo será de 25 euros e os participantes deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoa e unha prenda de abrigo, así como se aconsella que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó finalizar a actividade. A organización será a encargada de facilitar un chaleco para todos os participantes.

As persoas interesadas en recadar máis información sobre este curso de vela ou formalizar a inscrición poderano facer no departamento de cultura e deportes do Concello de Cabanas, chamando ó 981 49 59 59.

8 de xullo de 2013 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.