publicidade hoxe

Curro da Barbanza na Pobra do Caramiñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalCalendarioLocal
A-
A+

O Concello da Pobra do Caramiñal acollerá o domingo 14 de xullo o Curro da Barbanza cun amplo programa que dará comezo ás 10.30 h. co encerro dos cabalos ao Curro. Ás 12.00 h. iniciarase o concurso de andadura con trofeo e premio en metálico de 40 euros para o primeiro clasificado, 20 euros para o segundo e 10 euros para o terceiro.

Ás 13.00 h. será o turno da exhibición de Zumba polo Grupo de Baile Batudance ao que seguirá, ás 14.00 h. o xantar no Galpón do Curro con Menú a base de churrasco, carne de poldro estofada e polbo á feira. Ás 17.00 h. a rapa e marca dos cabalos bravos, ás 18.00 h. monta salvaxe e ás 19.00 h. a carreira de burros, ambas competicións con premios de igual cuantía ao concurso matinal de andadura. A xornada dará por rematada a partires das 20.00 h. coa entrega de premios e sorteos das rifas.

A partires das 12.00 h. contarase con xogos para cativos coa tutela de monitores.

11 de xullo de 2013 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.