publicidade hoxe

Culleredo suma a programación cultural das Bibliotecas á oferta de actividades de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O goberno de Culleredo inclúe ás Bibliotecas Municipais entre as opcións de actividades de verán de que dispoñen os veciños. A sala infantil da Biblioteca do Burgo inicia mañá un programa de talleres que se prolongará durante todos os mércores dos meses de xullo e agosto. A  Concellaría de Cultura deseñou unha variada programación, baseada principalmente no ámbito das manualidades, dirixida para nenos e nenas maiores de 5 anos de idade.

As actividades comezan mañá, mércores 3, coa construción dun gran paxaro de cores. Terá lugar en horario de 16.30 a 18.00 horas.

Ese mesmo horario será que se adopten os seguintes talleres do mes de xullo, segundo o seguinte calendario:

· 10 de xullo: construción dun gran paxaro de cores (segunda edición)

· 17 de xullo: construción dun acuario

· 24 de xullo: fabricación de robots

· 31 de xullo: taller de plastilina

En agosto, o horario pasará a ser de 11.30 a 13.00 horas. O programa é o seguinte:

· 7 de agosto: teatriño

· 14 de agosto: monicreques

· 21 de agosto: árbores de papel

· 28 de agosto: taller de plastilina

A inscrición para cada unha das actividades efectuarase na mesma semana nas instalacións da Biblioteca do Burgo, sita no Edificio de Servizos Múltiples.

Esta programación cultural súmase aos campamentos urbanos, os cursos do Conservatorio, os talleres para mozos, as dinámicas para persoas con minusvalidez ou os campus deportivos dos diferentes clubs que permiten ás familias cullerdenses diferentes opcións para a conciliación da vida familiar e laboral.

2 de xullo de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.