publicidade hoxe

Culleredo mostra o seu pesar polo accidente de tren en Santiago de Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo amosa o seu profundo sentir polo tráxico accidente de ferrocarril que tivo lugar na tarde de onte en Santiago de Compostela. O goberno municipal, en nome da corporación, desexa trasladar os maiores ánimos e a súa solidariedade aos familiares, amigos e achegados das vítimas do accidente.

Dada a traxedia, o Concello acordou coas Comisións de Festas do Burgo e de Castelo a suspensión dos festexos previstos para o día de hoxe por respecto ás vítimas do accidente. O goberno local quere agradecer o xesto das comisións.

Mañá, o Concello manterá unha reunión cos representantes de ambas comisións para tomar unha decisión sobre as restantes xornadas de festas. Posteriormente, o equipo de goberno se reunirá tamén cos voceiros dos grupos políticos.

Ademais, ás 12.00 horas terá lugar unha concentración silenciosa diante da Casa do Concello en memoria das vítimas.

25 de xullo de 2013 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.