Cubertas as prazas para o obradoiro dos inventos de Guttemberg

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Dende hoxe están cubertas as prazas para asistir ao primeiro dos obradoiros sobre os inventos que organizan as Concellarías de Festas e Patrimonio no CITA nos meses de xullo e agosto de cara á Feira Franca, que este ano ten como temática os inventos.

O primeiro dos obradoiros é “Os inventos de Guttemberg” que se desenvolverá no CITA os vindeiros 8 e 9 de xullo. Neste primeiro obradoiro
abordarase a imprenta como medio de expresión, a súa importancia como invento á hora de universalizar os texto escritos.

Sen embargo, aínda quedan prazas para asistir aos outros tres obradoiros deste ciclo:

• Os inventos de Galileo Galilei: Coñeceremos a figura de Galileo Galilei e os seus inventos. Fabricaremos os nosos propios telescopios, termómetros, péndulos e maquetas da Terra xirando darredor do Sol. Impartirase os vindeiros 15, 16, 22 e 23 de xullo.

• Os inventos de Leonardo Da Vinci: Achegámonos á súa figura, xenio universal e símbolo do home do Renacemento e os seus innumerables inventos, precursores dos modernos carros de combate, helicópteros, paracaídas, ala delta, pontes, submarinos… Así mesmo estudaremos as
proporcións do corpo humano co home de Vitrurio.

Impartirase os días 29 e 30 de xullo, e o 5 e 6 de agosto.

• Innovacións dos séculos XV e XVI: Creación dos compás (brúxulas), a aparición dunha nova forma de comerciar e con ela os cheques e letras de cambio, as diversas fórmulas para tinguir os téxtis e as novas armas e formas de defensa. Os nenos e neas elaborarán diversos obxectos
(compás, armas, téxtil, abalorios), e experimentarán con variadas técnicas. Impartirase os días 19, 20, 26 e 27 de agosto.

Son obradoiros de balde, pensados para nenos de 5 a 12 anos cun cupo de 15 prazas. Impartiranse os días sinalados de 10 a 12 horas.

3 de xullo de 2013 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.