Cotobade aínda conta con prazas para o curso que comeza en setembro na Galiña Azul

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

Na Escola Infantil de Cotobade, situada na parroquia de Tenorio, pódese solicitar praza para o curso 2013-2014 ata o 31 de agosto. As solicitudes poderán entregarse ata o 31 de xullo nas instalacións da escola e durante o mes de agosto no rexistro do Concello de Cotobade.

Para o vindeiro curso a escola terá en funcionamento tres aulas: unha aula de 0 a 1 anos para as crianzas nadas no ano 2013, unha aula de 1 a 2
anos para os nados no ano 2012 e outra aula de 2 a 3 anos para as crianzas do 2011. Neste momento hai prazas dispoñibles nos grupos de 0-1 e 1-2 anos.

A Galiña Azul de Cotobade é a primeira escola infantil pública de 0 a 3 anos deste concello, que abriu as súas portas en abril de 2010 grazas á
colaboración entre o Concello de Cotobade e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. A escola conta con dous profesionais en cada aula que atenden a un mesmo grupo de crianzas, en busca dunha calidade no ensino dos nenos e nenas de 0 a 3 anos.

4 de xullo de 2013 | 10:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.