Corte de vías pola canalización da rede de alta tensión na rúa Sebastián Martínez Risco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que, con motivo das obras de canalización da rede de alta tensión na rúa Sebastián Martínez Risco, é preciso o corte da vía en ambos os dous sentidos dende o paso de peóns fronte ao colexio Liceo a Paz ata a avenida Camilo José Cela. Na rúa Sebastián Martínez Risco habilitarase unha rotonda provisional para realizar o cambio de sentido, sendo a alternativa de acceso á avenida Camilo José Cela pola rúa Luis Quintás Goyanes. A alternativa de acceso á rúa Sebastián Martínez Risco pola avenida Camilo José Cela realizarase pola rotonda de Matogrande-rúa Juan Díaz Porlier. As obras empezarán o venres, 26 de xullo, e a previsión é que rematen o 30 de agosto.

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público tamén anuncia que, con motivo dos traballos de acometida de gas, se vai proceder á ocupación de parte do carril de circulación, á altura do número 10 da rúa Montiño, os días 29 e 30 de xullo. O carril ocupado parcialmente será o de suba dende a rolda de Outeiro entre as 08.00 e as 20.00 horas. Darase tráfico alternativo con sinais.

24 de xullo de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.