Corte de rúas pola rehabilitación dun edificio na rúa Monfero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que, con motivo das obras de rehabilitación do edificio situado no número 1 da rúa Monfero, é necesario o corte da rúa Antonio Pedreira Ríos, entre as rúas Monasterio de Toxos Outos e Mosteiro de Bergondo, para elevar materiais á cuberta cun camión grúa. O corte de tráfico será mañá, martes 23 de xullo, en horario de 15.00 a 18.00 horas.

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público tamén anuncia que, con motivo dos traballos de execución da rede de Gas Galicia, se procede á ocupación de parte do carril de circulación á altura do número 2 da rúa Juan de la Cierva entre hoxe, 22 de xullo, e o 2 de agosto. A ocupación non impide a circulación no carril afectado.

22 de xullo de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.