Corte de rúas con motivo das Festas da Ponte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A partir de mañá xoves, día 25 de xullo, con motivo da celebración da Festas da Ponte, procederase ao corte ao tráfico das rúas Xesús Pousa e Basilio Álvarez, onde se instalarán as atraccións festivas. Polas tardes tamén se pecharán ao público os tramos máis próximos a estas rúas da Avenida de Santiago, rúas Gómez Franqueira, San Rosendo e Francisco Herrera e a Avenida das caldas (neste caso na súa totalidade).

O Concello de Ourense solicita á veciñanza e condutores que desculpen as molestias que lles podan ocasionar estes cortes de tráfico, necesarios para o desenvolvemento das tradicionais festas do barrio da Ponte.

24 de xullo de 2013 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.