Corte de circulación na rúa do Torno de Cervo que permanecerá activo ata o martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal
A-
A+

A delegación de Seguridade Cidadá, que dirixe José Ramón Soto, informa dun corte de circulación que afecta á rúa do Torno, en San Ciprián, e que se prolongará ata o martes que vén, de forma que o tráfico quedará restablecido con normalidade o próximo mércores día 17. Esta restrición temporal afectará á circulación e ao estacionamento, e a todos os vehículos, agás os de carga e descarga, os de emerxencias e os dos residentes.

A Concellería tiña previsto realizar un corte motivado polos actos centrais das Festas da Virxe do Carme o luns e o martes, pero unha avaría na rede de abastecemento de auga nesa zona obrigou a efectuar o peche da rúa dende onte co obxectivo de reparar os danos.

O edil quere aproveitar para “pedir desculpas á cidadanía polas posibles molestias que poidan ocasionarse con este corte de tráfico” e engadiu que “era imprescindible para arranxar a fuga de auga, e tamén para garantir a seguridade de veciños e visitantes nunha zona na que se concentran boa parte dos actos festivos do Carme”.

11 de xullo de 2013 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.