Convocada a X edición do concurso fotográfico “Viaxarte” na Coruña
A Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil del Ayuntamiento da Coruña (CMIX), convoca a X edición do concurso Viaxarte destinado a mozos de entre 15 e 30 anos.
As fotografías que se presenten ao concurso terán que estar relacionadas coa temática viaxeira. Ademais, serán expostas durante o mes de setembro no Fórum Metropolitano, e unha selección editarase nun catálogo.
O prazo de admisión de orixinais manterase aberto ata o 2 de setembro. Os autores da mellor fotografía e a mellor serie fotográfica serán premiados respectivamente con senllas viaxes ás principais capitais europeas.
Por outra parte o CMIX oferta 30 prazas na segunda edición do taller gratuíto de fotografía para viaxes, destinado a mozos de entre 14 e 30 anos, que se realizará os días 31 de xullo e 1 de agosto no Fórum Metropolitano. A inscrición permanecerá aberta ata o día 29 de xullo na páxina www.coruna.es/nex.
Ademais continúa en marcha o Préstamo Viaxateca, permitindo que os mozos que sexan socios das Bibliotecas Municipais e usuarios do Carné Xové, se leven en préstamo as guías turísticas que constan no seu fondo bibliográfico.
A información estará dispoñible no Centro Municipal de Información Xuvenil, situado no Fórum Metropolitano, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e sábados de 11.00 a 14.00 horas; a través da web (www.coruna.es/nex); por correo electrónico (cmix@coruna.es); ou no teléfono 981 184 294.











