publicidade hoxe

Continúan as actividades do verán lúdico e educativo en Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTordoia
A-
A+
Actividade de reciclaxe infantil

Actividade de reciclaxe infantil

Expresión corporal, obradoiros de animación á lectura e de reciclaxe son algunhas das actividades coas que continúa o Verán Lúdico e Educativo impulsado polo Concello de Tordoia para os nenos deste concello de 3 a 12 anos como xeito de axudar ás familias deste municipio a conciliar as vacacións escolares dos máis pequenos coas súas xornadas laborais. Máis dunha ducia de nenos destas idades puideron así disfrutar da pintura sobre pratos ou aprenderon as técnicas básicas de expresión corporal que despois lles servirán para a peza de teatro que irán ensaiando durante este mes para interpretala aos seus pais ao final do curso.

En horario de mañá, de luns a venres, durante esta semana os rapaces farán dúas saídas fóra da Casa da Cultura de Tordoia: unha para desplazar aos nenos ata o pavillón polideportivo e outra para facer un roteiro medioambiental que lles permitirá coñecer mellor a súa contorna e as especies animais e vexetais coas que conviven.

10 de xullo de 2013 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.