publicidade hoxe

Continúa a “Volta ao Mundo” do campamento urbano de Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRianxo
A-
A+

O Campamento Urbano de Rianxo segue a súa particular Volta ao Mundo, cun total de 220 participantes. 

Despois de visitar Asia e Oceanía, esta semana estiveron en América, coñecendo a súa cultura, música, historia,…

Por este motivo, e como broche da súa viaxe polas américas, o vindeiro venres 26 de xullo,  os nenos e nenas do Campamento Urbano,  celebrarán unha batalla de Indios contra Vaqueros  no Campo de Arriba entre ás 11:15 e as 13:00 horas, que consistirá nunha escenificación coas súas vestimentas, cánticos, rituais, etc.

24 de xullo de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.