Confirmado o mellor cartel da historia do festival Rock in Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCambreLocalLocal Portada
A-
A+

A concellería de Cultura confirma o cartel definitivo para o Rock in Cambre, o mellor da historia, segundo o propio concelleiro Santiago Ríos. O Cartel estará formado por Barricada, Los Suaves, Barón Rojo e Tregua ademáis dos grupos locais seleccionados The Zipper e Embora.

Dende o ano 1989 Barricada e Los Suaves non tocaban xuntos nun mesmo concerto. Cambre tiña unha oportunidade única de xuntar a estes dous grupos con Barón Rojo e Tregua para conformar un cartel espectacular. En definitiva, o cartel que presenta a Concellería de Cultura é o mellor cartel da historia do Rock in Cambre e seguramente será o mellor cartel de calqueira outro festival da nosa comarca para este ano. O vindeiro 3 de agosto se darán cita no campo da feira varios dos mellares grupos de rock do país e será de balde.

Por outra banda, un xurado profesional elexiu a dous grupos locais “The Zipper” e “Embora”, que participarán no Festival Rock in Cambre e ademáis grabarán una maqueta subvencionada polo concello.

O concelleiro de Cultura, Santiago Ríos, asegura que o cartel pode competir con calquer festival de rock da península pola calidade dos artistas que coincidirán este ano en Cambre. “Creo que é un dos mellores carteis da historia do Rock in Cambre e de toda a comarca, poque nun só día xuntaranse no campo da feira catro grupos de gran prestixio nacional do panorama rock”, apuntó Ríos.

15 de xullo de 2013 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.