Concurso de camisetas da Festa do Polbo
Co obxectivo de seguir incentivando a participación dos xóvenes na Festa do Polbo, o Concello do Carballiño establece por décimo quinto ano consecutivo o PREMIO DAS CAMISETAS DA FESTA DO POLBO.
Participación: Poderán participar todas as peñas que o desexen, coas únicas condicións de que teñan 15 compoñentes, como mínimo, e de que as camisetas que elaboren identifiquen por igual a todos os seus compoñentes. Cada peña deberá presentar no Concello unha das camisetas imprimidas.
Prazo: O prazo para a presentación das camisetas no Concello finalizará o venres, 9 de agosto, ás 13,30 h.
Xurado: O xurado estará formado por un representante de cada peña. O seu fallo darase a coñecer no acto oficial de recepción das peñas, que terá lugar o sábado, 10 de agosto, ás 20,00 h., na Praza Maior ou no Salón de Sesións do Concello. O xurado valorará tanto o deseño coma o lema que figure impreso nas camisetas.
Premios: Establécese un único Premio, dotado con 150 Euros para a camiseta que se considere polo xurado a mellor realizada. Todas as demais camisetas presentadas a concurso polas peñas recibirán unha compensación de 60 Euros, ata un máximo de 97 peñas, segundo a orde de inscrición.
Tanto para poder optar ao premio como ás axudas, as peñas concursantes deberán presentarse no acto de entrega do 10 de agosto con 10 membros, como mínimo, coas respectivas camisetas postas.











