Conclúe o prazo de inscrición no obradoiro “eu tamén sei cociñar” para nenos de 6 a 9 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Mañá martes, 23 de xullo, conclúe o prazo para inscribirse no obradoiro “Eu tamén sei cociñar”, unha actividade que ten por obxectivo revalorizar entre os nenos e nenas a importancia dos saberes que tradicionalmente foron asignados ás mulleres, como un xeito de romper cos estereotipos sexistas no entorno da infancia e potenciar unha autonomía persoal que favoreza a corresponsabilidade dentro do fogar.

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos de todo o municipio, a actividade se desenvolverá dende o 1 de agosto ao 6 de setembro, de luns a venres, con horario de 10,00 a 13,00 horas, e estará impartido por persoal especializado con formación en igualdade de xénero. O obradoiro se impartirá nos centros culturais que dispoñen de cociña: os luns, será no centro cultural de Bamio; os martes, no de Cornazo; os mércores, en Trabanca Badiña; os xoves, en Trabanca Sardiñeira; e os venres, novamente na casa de cultura de Trabanca Badiña, se ben con alumnado diferente. En total ofértanse 50 prazas e serán os pais e as nais, ou as persoas responsables da nena ou neno, os que se encargarán do seu traslado ao centro e da súa recollida.

22 de xullo de 2013 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.