publicidade hoxe

Concertos musicais entre as propostas culturais do Concello de Rianxo para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRianxo
A-
A+

Con estas propostas, iniciase a programación do Verán Cultural 2013 que, organizado pola  Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística e  tamén polas distintas entidades culturais de Rianxo, se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto e da que se lles irá facilitando cumprida información.

Festivais de fin de curso organizados pola Escola de Música de Rianxo

Venres 5 de xullo
21.00 h – Auditorio de Rianxo – Festival Fin de Curso (1ª Parte)
Sábado 6 de xullo   
21.00 h – Campo de Arriba – Festival Fin de Curso (2ª Parte)

IX Ciclo de Bandas – Concello de Rianxo

Domingo 7 de xullo
21.00 h – Campo de Arriba
IX Ciclo de Bandas – Concello de Rianxo
Banda de Música de Solfa (Santiago de Compostela)

A Banda de Música SOLFA de Santiago de Compostela, abre a novena edición do Ciclo de Bandas, organizado conxuntamente pola Escola de Música e o Concello de Rianxo. Nesta nova edición terán lugar  os concertos e contarase coa participación das agrupacións que de seguido se detallan.

Sábado 20 de xullo: Banda de Música de Vilagarcía de Arousa
Domingo 18 de agosto: Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
Venres 23 de agosto: Banda da Escola de Música de Rianxo

3 de xullo de 2013 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.