‘Concertos de Verán’ no municipio de Verín
Nos vindeiras xornadas, a música retornará as rúas de Verín da man do ciclo de ‘Concertos de Verán’, organizado pola área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín.
Os primeiros concertos terán lugar o sábado 10 de agosto, a partir de media noite na praza Maior, a cargo de ‘Los Rebeldes’ e ‘Los Limones’, dous míticos grupos de rock dos anos oitenta que interpretarán temas como “Bajo la luz de la luna”, “Mediterráneo”, “Un español en Nueva York”, “Trenes sin destino”, “No sube la marea, “El canto de la sirena” ou “Ferrol”, entre outras. Con todo, nese mesmo día, as piscinas descubertas de A Granxa de Verín, acollerán a partir das 18 horas, o espectáculo infantil de Peter Punk -unha exhibición de novo circo que combina recursos cómicos con técnicas circenses variadas, patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística-. Xa ao día seguinte, na praza Maior e ás 22.30 horas, terán lugar as XXX Xornadas de Folclore nas que participarán as agrupacións Belaya Rus (Bielorrusia), Bafopaz (Bolivia) e PAMANA ng LuzViMinda Philippine Folkloric Dance Company (Filipinas).
No xornada do mércores 14 de agosto, ás 24 horas, será a quenda do concerto estelar da banda de rock Iguana Tango, que no marco da praza Maior intepretará éxitos como “Si pudiera”, “Olvídate de mí”, “Te perdí”, “Poco a poco” e o seu novo disco Colección Pop. Ao finalizar, continuará a festa cunha sesión de discomóbil. Ao día seguinte, coincidindo coa celebración da festividade da patroa de Santa María A Maior, terá lugar a procesión e misa solmene, ás 11.30 horas, co acompañamento da Banda de Gaitas do Concello de Verín e do Coral de Verín. E xa de tarde, na praia fluvial, a partir das 17 horas, Festa Infantil con escuma, inchables de terra e auga.











