Composición do Xurado do I Concurso de Pinchos da Terra dentro da Feira Chalana de Raxó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPoio
A-
A+

Composición do Xurado do I Concurso de Pinchos da Terra dentro da Feira Chalana de Raxó, organizada pola Asociación de Deseño Atlántico, a concellaría de cultura do Concello de Poio e o colectivo de hostaleiros de Raxó:

Xosé Torres Cannas – Restaurante Pepe Vieira (Poio)
Pepe Solla – Restaurante Casa Solla (Poio)
Yayo Daporta – Restaurante Yayo Daporta (Cambados)
Javier Olleros – Restaurante Culler de Pau (O Grove)
Alberto Prelcic – Restaurante Silabario (Tui)
Rafael Centeno – Restaurante Maruja Limón (Vigo)
Antonio Botana – Restaurante Pandemonium (Cambados)
e o chef Miguel Oliveira

Os 15 locais de hostalaría participantes no roteiro contarán cun xurado de excepción para valorar os pinchos que presentarán esta tarde, mércores 3 de xullo, ás 17 h. no peirao de Raxó, lugar onde desde o 28 de xuño e ata o 7 de xullo se celebra a Feira de Artesanía, e onde pode tamén visitarse a exposición Raxó en Branco e Negro cedida pola SCD Raxó.

En total, 7 membros do prestixioso Grupo Nove e 5 estrellas michelín daranse cita en Raxó para escoller aos 1º, 2º e 3º mellores pinchos. Os establecementos gañadores daranse a coñecer o domingo 7, último día do roteiro. Recibirán un agasallo artesanal e un diploma acreditativo. Por outra banda, aquelas persoas que completen o roteiro poden depositar a tarxeta selada no stand de información da feira, e entrarán no sorteo dunha cea para dúas persoas no Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe.

3 de xullo de 2013 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.