Comeza a xerminarse a XXVII Feira do Moble de Galicia, unha feira con matices solidarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocalLocal Portada
A-
A+

A Fundación de Exposicións e Congresos de La Estrada, encóntrase actualmente inmersa no deseño do que será a súa próxima XXVII Edición da Feira do Moble de Galicia, a desenvolver no recinto feiral do 14 ao 22 do próximo mes de setembro.

Moi conscientes da situación actual e ao fío do publicado ultimamente na prensa local, a Dirección da Fundación considera que este certame pode ser un lugar idóneo para contribuír solidariamente con Caritas parroquial da Estrada. Tendo en conta que o seu banco de alimentos xa leva consumida unha parte importante do acumulado e que aínda nos encontramos a mediados de ano, decidiu darlle un matiz solidario a esta nova edición da Feira do Moble de Galicia.

A Fundación do Moble en colaboración con Caritas A Estrada, decidiu dispoñer nun dos seus pavillóns dunha urna destinada á colaboración voluntaria e á participación solidaria dos visitantes e participantes no certame.

Partindo da base que anualmente por este recinto feiral pasan durante eses nove días numerosos visitantes, consideramos oportuno apelar ao seu criterio solidario xa que, achegando desinteresadamente unha cantidade simbólica, esta pode supoñer unha achega inestimable para que Caritas poida continuar exercendo o seu labor solidario que permite a moitas familias soportar estes especiais momentos de recesión económica.

Estamos convencidos que a iniciativa será avalada maioritariamente polo público asistente xa que persoalmente supón moi pouco e coa mínima achega de todos, pode ser unha axuda inxente para paliar moitas situacións.

12 de xullo de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.