Comeza a substitución do solo da zona de xogos da Xunqueira de Vilagarcía por outra de caucho

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A empresa adxudicataria das obras de mellora nos parques da Xunqueira e de Miguel Hernández, froito do convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía, comezou a súa labor polo primeiro dos parques. Na Xunqueira se substituirá o solo da zona de xogos máis pegada ao río, que a partir de agora será de caucho, e, ao tempo, se porán novos elementos de xogos. O vindeiro luns botarase o formigón que servirá de base á nova superficie. Logo se instalarán as pranchas de caucho e, finalmente, os novos elementos de xogo.

Unha vez rematadas as obras na Xunqueira, o proxecto continuará no parque de Miguel Hernández. Aquí, na zona “de maiores” se substituirá o solo e se dotará de novos xogos, mentres que na zona “de menores” o solo será tamén de caucho, pero se manterán os aparatos, que son de recente adquisición.

Os elementos de xogos retirados en ambos parques serán reciclados e instalados noutras zonas de esparexemento do municipio. En total, o investimento feito pola Deputación roldará os 90.000 euros.

11 de xullo de 2013 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.