publicidade hoxe

Comeza a funcionar a torre de cobertura de banda ancha en Castro de Rei, no Concello de Paradela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalParadela
A-
A+

A torre instalada no lugar de O Coto (Castro de Rei) no Concello de Paradela comezará a funcionar esta semana para dar cobertura de banda ancha aos lugares de Bidul, O Colado, Gondar, Lusoiros, O Vilar, Abelleiroá, Acevedo, Bariz, Feas, Rañadoiro, Valmigallo, Rosende, Riocabo, así como a Mañariz no Concello de O Saviñao e Carballos no lugar de Taboada.

Así mesmo empezarán nestes días as obras no lugar de Pena Veitureira para a instalación dunha torre para dar cobertura de banda ancha aos lugares de Bacorelle, Bustaregas, Carballedo, Carballosa, Espiño, Mazo, Mide, Paredes de Abaixo, Paredes de Arriba,  Pereiro, Portocarreira, Sacadoiro, Uceirablanca, Val do Couto, Zouro no Concello de Paradela e Souceda no Concello de O Saviñao.

Estas instalacións foron realizadas pola sociedade pública mercantil da Xunta de Galicia  Redes de Telecomunicación Galegas Retegal S.A. dentro do Plan Director de Banda Larga da Xunta de Galicia.

22 de xullo de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.