Coincidindo coa súa XXIII Xuntanza, Cela inaugura as escaleiras de acceso á Igrexa

Descubrimento da placa
Esta mañá inaugurouse a 2ª Fase das escaleiras de acceso á Igrexa de Cela coa presencia da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, do director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader-, Antonio Crespo, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada por varios integrantes da Corporación Municipal mosense e por membros da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado, así coma por veciños e veciñas da parroquia de Cela en xeral.
As obras de acondicionamento do acceso este á Igrexa de San Pedro de Cela comezaron o pasado mes de febreiro e hoxe atópanse xa rematadas e inauguradas, coincidindo ademais coa XXIII Xuntanza da parroquia que se celebra esta fin de semana.
Esta 2ª Fase das escaleiras do acceso este á Igrexa puideron ser acometidas gracias a unha subvención concedida ó Concello de Mos pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Ademais este proxecto estivo cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, Feader.
O acondicionamento do acceso este á Igrexa de San Pedro de Cela contou cun orzamento de 76.000 euros e consistiu en habilitar un itinerario peonil no contorno do cemiterio e de dita Igrexa. Con elo pretendeuse restituír a senda-camiño utilizada dende moi antigo e que ata a construcción das novas escaleiras estaba en desuso, pero conservando aínda restos en pedra da antiga escaleira que formaba parte do itinerario.
Esta mellora do acceso este á Igrexa da Parroquia de Cela conta cunha superficie total de actuación de aproximadamente 300 metros cadrados e supón a continuidade da primeira fase das escaleiras de acceso á Igrexa que fai uns anos acometera a Deputación de Pontevedra.
Gracias a esta mellora, o parque que se atopa entre a igrexa e o edificio da Asociación Celado tamén se veu beneficiado, xa que ata o de agora dende a parte baixa do mesmo únicamente se podía acceder mediante unhas escaleiras de madeira; sen embargo, tras a actuación, o parque dispón doutro acceso á súa parte baixa moito máis cómodo e seguro.
O contorno mellorado foi tamén dotado do mobiliario urbán preciso entre o que se atopan papeleiras, varandas, iluminación, etc; así coma o axardinamento pertinente a base de sebes vexetais.











