Coa chegada do verán abre as súas portas a piscina municipal do Muíño

Primeiros bañistas da piscina de Ordes
A piscina municipal do Muíño acaba de abrir as súas portas de cara á tempada de verán. Por diante quedan algo máis de dous meses, ata o 15 de setembro, nos que este espazo será punto de encontro e diversión para veciños, veciñas e visitantes. Solario, vestiarios, servizo de cafetería, servizo de socorristas, piscina para os máis novos e moito máis é o que ofrece a piscina do Muíño. Ademais, en breve darán comezo os cursos de natación nos que adultos e menores terán a oportunidade para aprender a nadar ou mellorar o seu estilo.











