Claves da planificación e xestión turística no Curso de Verán da UDC en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal
A-
A+
Un instante do curso

Un instante do curso

O Curso de Verán da Universidade da Coruña (UDC) “A evolución do turismo no marco da sociedade global: retos para a súa planificación e xestión” visita Carballo por terceiro ano consecutivo cos retos de analizar a transformación que está a sufrir o sistema turístico no contexto da globalización e da crise económica actual, así como as tendencias, oportunidades, retos e dificultades aos que se enfronta este sector. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañado do director do curso e membro da Facultade de Socioloxía da UDC, Antón Álvarez Sousa, foi o encargado de presidir o acto de apertura no Fórum. Álvarez Sousa quixo facer fincapé na importancia “da formación e dos recursos humanos do sector”, ademais de agradecer a presenza dos alumnos e alumnas que poden contribuír a dinamizar o turismo e a especializarse cada vez máis en procurar a satisfacción dos viaxeiros e viaxeiras. Esta terceira edición do curso é a que rexistra unha maior participación, con preto dunha vintena de asistentes tanto da UDC como do sector turístico. Evencio Ferrero lembrou que esta actividade enmárcase na campaña “Carballo a un paso”, que pretende fomentar a oferta turística do municipio, así como potenciar o seu atractivo como destino e desexou que o curso permita atopar “nichos e oportunidades para seguir fomentando o turismo”.

3 de xullo de 2013 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.