Clausura dos concertos IKFEM en Tui-Valeça
Mañá luns 22 de Xullo, despois dunha semana chea de sorpresas, finaliza a programación de eventos IKFEM “International Keyboard Festival & Masterclass Eurocity Tui – Valença. A clausura terá lugar no Teatro Municipal de Tui ás 22.00 e virá da man dos participantes das máster classes impartidas durante a semana.
A acollida desta primeira edición do festival non podería ter sido mellor non só polos participantes das máster classes senón que tamén polo público da Euro Ciudad Tui-Valença, o cal gozou dunha semana completa chea de eventos nunha programación unida polo leivmotiv da tecla.











