Clausura do curso de cociña en Dodro
Este sabado rematou o curso de cociña para maiores de 18 anos e cunha duración de 108 horas. Os participantes aprenderon o envasado e conserva de alimentos, preparado de comida para levar e reposteria. Cada temática tivo unha duración de 6 horas.
O curso foi gratuito e realizouse nas instalacións do local social de Imo. Os participantes obtiveron un diploma acreditativo e remataron o curso cunha estupenda merenda-cea.