publicidade hoxe

Charlas sobre a situación actual preferentes-subordinadas no Auditorio Municipal de Salceda 4 de Xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+

O xoves 4 de Xullo terá lugar unha charla informativa no Auditorio Municipal acerca do estado actual das participacións preferentes-subordinadas, dentro do proceso xudicial e no proceso de arbitraxe.

Contaremos coa presencia de persoal da Deputación para impartir a charla que comezará a partir das 18 horas no Auditorio Municipal, e que atenderá a todas as dúbidas que queiran plantexar aos veciños que descoñezan o proceso de quitas no que se está a aplicar, entre outros. E a non convocatoria ao procedemento de arbitraxe dende o 17 de Xuño.

No concello de Salceda de Caselas, segundo datos proporcionados a 16 de maio do 2013, un total de 227 solicitudes foron presentadas para participar dentro do proceso da arbitraxe das que 86 foron aceptadas por NGC Banco coa fin de resolverse no sistema arbitral de consumo.

Dende o Concello sempre se apoiou aos afectados por participacións preferentessubordinadas, coa finalidade de que todo o mundo teña dereito a un proceso de arbitraxe igualitario, cas mesmas condicións, e sobre todo trasparente, onde non exista distinción entre veciños que foron chamados á arbitraxe.

2 de xullo de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.