Charla sobre as participacións preferentes e obrigacións subordinadas en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMarín
A-
A+

O Concello de Marín informa de que entre as iniciativas de apoio ás persoas afectadas por participacións preferentes e obrigacións subordinadas de Novagalicia Banco que, desde a Deputación de Pontevedra, se están desenvolvendo en colaboración coa Unión Galega de Consumidores, estanse a organizar charlas nos concellos para informar e asesorar ós afectados.

Tendo en conta a falta de información que estamos detectando nos afectados e a alta demanda de asesoramento que se está a recibir nas oficinas dispostas para ó efecto en nove concellos da nosa provincia, propoñemos esta iniciativa como unha boa oportunidade para que os veciños poidan resolver da man dos letrados da Unión Galega de Consumidores as dúbidas e cuestións que lles xurdan á hora de realizar as xestións coa súa entidade.

Procuramos pois facilitar a comprensión dos prazos e do procedemento de troco forzoso, iniciado o pasado luns 17 de xuño, cales son as datas a ter en conta, a venda das accións ó Fondo de Garantía de Depósitos, a vía xudicial como alternativa á arbitraxe de consumo e a súa compatibilidade.

Esta iniciativa constitúe un paso máis no esforzo e compromiso que desde a Deputación estamos a facer para apoiar e mellorar a atención e información dos consumidores da nosa provincia.

A charla en Marín terá lugar o mercores, día 3 de xullo as  18:00h, na biblioteca de Marín.

1 de xullo de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.