Chaín, en Gondomar, celebrará a súa Festa do Socio este domingo
A programación cultural da Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar organiza para este domingo 14 xullo a Festa do Socio en Chaín. No marco desta celebración, a parroquia gozará dun domingo de teatro e cine. Ás 19.30, os máis pequenos poderán gozar do espectáculo de monicreques Laranxus 7 da man da compañía Artefakto Teatro. Xa ás 22.30, será a quenda do cine co filme de Martin Scorsese, La Invención de Hugo.
Por outra parte, continúa o ciclo Concertos na Praza Paradela. Nesta ocasión, os veciños e veciñas de Gondomar poderán gozar, a partir das 12.30 horas, da actuación da Agrupación Musical de Vincios.











