Cervo gardará un minuto de silencio polas vítimas do sinistro en Compostela
O Concello de Cervo informa da convocatoria dun minuto de silencio diante da Casa consistorial ás 12:00 horas tras a traxedia ferroviaria rexistrada en Santiago de Compostela en sinal de loito e solidariedade coas vítimas e as súas familias, secundando o chamamento realizado dende a FEMP.
Ao mesmo tempo tamén informa da cancelación da actividade “Historias na area” prevista para o día de hoxe, que será aprazada para outro día do que serán informados convenientemente.
Por outra banda, o Concello de Cervo e o Club Limosa Surf informan de que mañá, durante a celebración da IV Baixada do Faro Longskate Board, ás 17:00 horas, gardarase un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Santiago de Compostela.











