publicidade hoxe

Catoira inicia un programa para reducir o abandono escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocal
A-
A+

O Concello de Catoira presentou hoxe o Programa de Redución do Abandono Escolar que se acaba de poñer en marcha no municipio. No acto, que tivo lugar na Aula CeMIT de Catoira, estivo presente o alcalde, Alberto García, a técnica do Servizo Galego de Colocación María José Millán e o técnico municipal Manuel Isorna.

O programa está dirixido a mozos/as de 16 a 24 anos que non remataron a ESO, estudantes de ESO con dificultades e aqueles que, finalizada a ESO, abandonaron os estudos. A este colectivo ofréceselle a posibilidade de asistir a clases presenciais que se van impartir na Aula CeMIT a diario de 9:00 a 11:00 ou de 12:00 a 14:00 horas. Ademais, creouse unha plataforma online, www.educacioncatoira.com, onde poden acceder a contidos, probas e información relevante para os destinatarios.

Nesta primeira xornada, Mª José Millán faloulles ós asistentes sobre a importancia do funcionamento do SGC, dos perfís laborais demandados na actualidade e os que se solicitarán no futuro, e, fundamentalmente, da importancia da formación académica.

24 de xullo de 2013 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.