publicidade hoxe

Catoira incluirá na programación da Romaría Vikinga 2013 tres novas accións formativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Catoira inclúe na programación da Romaría Vikinga 2013 tres accións formativas de diferente temática.

V Curso de Música Romaría Vikinga

A quinta edición do curso organizado pola Escola de Música Municipal de Catoira celébrase do 24 ao 27 de xullo. O alumnado pode elixir entre as especialidades de trompeta, trombón, tuba/bombardino ou percusión. Ademais das clases de cada especialidade, inclúense no programa diferentes actividades complementarias, como charlas, exposición de instrumentos, concurso de xóvenes intérpretes e un concerto de clausura con Odaiko Percussion Group.

O prazo de inscrición remata o 15 de xullo.

Avances no estudo da TDAH

O Concello de Catoira, en colaboración coa Universidade de Vigo, convoca un curso sobre Avances no estudo do trastorno por déficit de atención e hiperactividade (Tdah). Centrarase na avaliación, diagnose e tratamento deste trastorno, polo que se dirixe a familias con membros con TDAH, docentes, estudantes de ámbito socioeducativo e sanitario, entre outros.

Esta acción desenvolverase na semana do 29 de xullo ao 2 de agosto, en horario de mañá, no Edificio Multiusos de Catoira. O prazo de inscrición remata o 26 de xullo.

Turismo e termalismo

O Concello de Catoira e a Axencia Turismo de Galicia convoca unha xornada sobre turismo e termalismo que se vai desenvolver o sábado 3 de agosto pola mañá na Aula CeMIT. Os relatores analizarán a situación do termalismo desde a perspectiva local, analizando a historia e a situación actual das augas mineiro-medicinais en Catoira.

A inscrición é gratuíta e pode tramitarse do 10 ao 27 de xullo.

5 de xullo de 2013 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.