publicidade hoxe

Catoira inaugurará un curso sobre hiperactividade o 29 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocal
A-
A+

O vindeiro luns 29 de xullo ás 9:15 horas inaugúrase no Edificio Multiusos de Catoira o curso de Extensión Universitaria “Avances no estudo da hiperactividade (TDAH): Avaliación, diagnose e tratamento”.

O acto inaugural será presidido pola Vicerreitora do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, Dra. Antonia Branco Pesqueira, e polo alcalde de Catoira, D. Alberto García García. As clases impartiranse dende o luns ata o venres en horario de mañá no Edificio Multiusos de Catoira.

Este curso vai ter moito éxito de asistencia xa que se chegou case ao 100% das prazas ofertadas, en total 60 matriculados que chegan de toda Galicia. Maioritariamente son alumnos do ámbito socio-educativo pero tamén destaca un gran número de profesores en activo e de nais que teñen fillos con TDAH.

O primeiro día, o ponente Alfredo Waisblat Wainberg, chegará de Madrid para dar unha visión de 360º ao TDAH, xa que mostrará por unha banda o tratamento que se lle presta aos nenos con TDAH, pero por outro, mostrará a desatención, en certos aspectos fundamentais para o desenvolvemento dos nenos, que non son abarcados polo sistema sanitario, nin educativo nin familiar.

26 de xullo de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.