publicidade hoxe

Catoira acolle unha xornada sobre Turismo e Termalismo o 3 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocal
A-
A+

A mañá do sábado 3 de agosto impártese na Aula CeMIT de Catoira unha xornada dedicada ó turismo e termalismo. Na apertura desta actividade, ás 9:30 horas, estarán presentes o alcalde, Alberto García, e, en representación da Axencia Turismo de Galicia, Carmen Pita, que substitúe á directora, Nava Castro, que non poderá asistir.

Ás 10:00 horas, a técnica de Desenvolvemento Local do Concello de Catoira, Mª Elisa C. Isorna, impartirá unha charla sobre a historia e a situación actual do termalismo en Catoira. De seguido, será o economista e profesor de Xestión Pública do Turismo, Francisco Candela, quen explicará cal é o papel do Concello no desenvolvemento turístico e termal do municipio. Ás 12:00 horas, o secretario xeral da Asociación de Propiedad Balnearia de Galicia, Benigno Amor, fará unha análise sobre o sector balneario en Galicia e as súas perspectivas. Por último intervirá o director do Grupo Tesal, Tomás Ares Güimil, que analizará as perspectivas de futuro da empresa termal.

31 de xullo de 2013 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.