publicidade hoxe

Castrelo de Miño aposta pola participación, transparencia e colaboración dos seus veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoLocal
A-
A+

Crea o programa “Castrelo de Miño Goberno Aberto”, que é un modelo aberto e participativo, no que se involucra á cidadanía na mellora dos servizos públicos e na proposta de novas políticas de xestión municipal.

Creanse novas canles de comunicación directa e permanente entre os veciños/as de Castrelo de Miño e o seu Goberno Municipal.

Alcalde e concelleiros do equipo de goberno “botaranse á rúa” aproveitando estes meses de verán para INFORMAR sobre as distintas xestións municipais, RESPOSTAR ás preguntas plantexadas e RECOLLER todas aquelas suxestións achegadas polos veciños/as.

Os tres piares nos que se basea o Goberno Aberto son: a transparencia, a participación e a colaboración.

1. Transparencia

Desde o Goberno Municipal poñerase a dispor dos veciños informacións e datos en tempo real sobre a súa actividade, actuacións, decisións, plans e intencións.

A día de hoxe xa están plenamente operativas a páxina web municipal www.castrelo.org onde se ofrece información detallada sobre todas as xestións municipais, os distintos procesos de contratación, as actividades culturais e deportivas que realiza o concello, bandos, información sobre axudas e subvencións…

Tamén están operativos os perfiles nas redes socias (Facebook, Twitter e Youtube) e incluso se creou unha canle de televisión “Castrelo.TV” onde se comparten todos os videos relacionados con Castrelo de Miño.

Así mesmo para todos aqueles veciños que non teñen acceso ás redes sociais publícanse regularmente BANDOS que son distribuidos en todos os núcleos de poboación do concello, e realizaranse publicacións periódicas da revista municipal “Castrelo Informa”.

2. Participación

Todas as actuacións, medidas e decisións do goberno municipal poderán ser debatidas, valoradas e completadas coas opinións dos veciños.

Estas aportacións poderanse realizar sobre as medidas impulsadas polo goberno municipal pero tamén os veciños poderán plantexar as súas propias propostas, ideas ou iniciativas para ser debatidas e analizadas entre todos.

3. Colaboración

O goberno municipal colabora cos veciños, as empresas, e as asociacións aportándolle novos métodos de traballo colaborativo. O goberno municipal  escoitaraos e traballarán xuntos para conseguir unha sociedade máis conectada e mellor. O Goberno Aberto avoga por un modelo aberto e participativo, involucrando á cidadanía na mellora dos servizos públicos e na proposta de novas políticas de xestión municipal.

Alcalde e concelleiros do equipo de goberno “botaranse á rúa” aproveitando estes meses de verán para INFORMAR sobre as distintas xestións municipais, RESPOSTAR ás preguntas plantexadas e RECOLLER todas aquelas suxestións achegadas polos veciños/as.

A partires deste mes realizaranse reunións trimestrais en cada unha das 7 parroquias do Concello de Castrelo.

Comezarán este mércores 17 de Xullo no Centro Social da Parroquia de Macendo, no que entre outros asuntos ofrecerán información sobre os recén aprobados orzamentos municipais de 2013. E por suposto, alcalde e concelleiros respostaran todas as cuestións que plantexen os veciños e recollerán todas as suxestións achegadas.

17 de xullo de 2013 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.