Casting do I Concurso de Talentos do Concello de Cervo

Instante do casting
O pasado venres tivo lugar o casting do I Concurso de Talentos do Concello de Cervo no que saíron seleccionados todos os candidatos inscritos, un total de sete grupos e parellas que actuarán o vindeiro venres, a partir das 21:00 horas, na primeira fase do concurso e que ofrecerán espectáculos variados, como acrobacias, baile ou canto.
Ademais, lémbrase que mañá, martes, arrincará o programa Noites Alternativas coa primeira das actividades, o torneo de Fútbol Praia, no areal do Torno, a partir das 22:00 horas.











