Carral amplía ao mes de agosto a oferta de cursos de tenis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportesLocal
A-
A+

Co fin de cubrir a demanda que dende o Concello de Carral se está a detectar, a concellaría de deportes pretende prorrogar para o próximo mes de agosto os cursos de tenis iniciados xa, este mes de xullo.

Durante o mes de xullo foron un total de 16 os alumnos e alumnas que aprenderon as bases técnicas desta modalidade que tantos éxitos nos está a achegar nos últimos anos ao deporte español. As idades dos participantes partirán dende os 5 anos en diante, cunha carga horaria de dúas horas á semana en horario de tarde. Segundo as idades e o nivel dos alumnos/ás se farán diferentes grupos, os martes e os xoves de 18.30 a 19.30 ou de 19.30 a 20.30, para que así o proceso de ensino e aprendizaxe sexa máis eficiente.

Moitos dos rapaces que acudiron durante o mes de xullo a estes cursos, volvéronse inscribir para mellorar e ampliar o seu repertorio de reveses, directos, voleas, etc. Por esta razón as prazas van ser moi limitadas para este segundo mes do verán, así que todo aquel que estea interesado pode informarse, antes do 28 de xullo, na Casa da Cultura de Carral, no Centro Deportivo ou no tlfo. 981.67.25.80.

19 de xullo de 2013 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.