Carlos Negreira asina un convenio coa Fundación Centro Oncológico de Galicia

Sinatura do convenio
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asinou co xerente do Centro Oncológico, Fernando Cachafeiro, a renovación do convenio entre o Concello e a Fundación Centro Oncológico de Galicia José Antonio Quiroga e Piñeyro para o mantemento do Rexistro Poboacional de Tumores da área da Coruña e para realizar a prevención e asistencia oncológica aos empregados municipais e ás persoas que formen parte da súa unidade familiar.
O convenio, cunha vixencia de dous añosy un importe total de 471.682,15 euros, supón a renovación do anterior e inclúe algunhas melloras, entre as que se encontran revisións dermatolóxicas e otorrinolaringológicos, actividades de promoción da saúde e outras accións preventivas que se suman ás revisións de próstata, colon, xinecolóxico e de mama que incluía o anterior.
Ademais, dentro da política levada a cabo polo Goberno local pola que se eliminaron os seguros médicos privados aos membros da Corporación municipal, por primeira vez tamén quedarán excluídos deste convenio coa Fundación Centro Oncológico de Galicia.











