Cangas iza as súas bandeiras azuis

Izado de bandeira azul en Cangas
Cangas inagura a tempada de verán coa izada das bandeiras azuis en sete das súas praias. O primeiro en lucir o distintivo de calidade foi o areal de Rodeira nun acto que tivo lugar as 13:00 horas no que participaron Berta Pérez, Tenente-Alcalde e concelleira de Turismo, Jesús Graña, concelleiro de Medioambiente e Lucía Lede, concelleira de Persoal tralo cal comezaron a funcionar todos os servizos entre os cales cabe destacar os quince socorristas e os tres patróns que velarán pola seguridade dos bañistas ó longo do verán. Estes servizos continuarán activos ata o 15 de setembro.
Rodeira obtivo por segundo ano consecutivo este galardón que premia a información e educación ambiental, a calidade da auga, a xestión ambiental e a seguridade e os servizos. Como novidades este ano fixéronse actuacións na tarima dos socorristas, pintouse o monolito e colocouse un novo mástil. Rodeira é unha das setes praias nas que ondea este distintivo xunto cos areais de Areamilla, Liméns, Nerga, Melide, Areabrava e Menduíña. As probas realizadas para alcanzar esta distinción outorgaron a calificación de excelente a auga que baña todas as praias do concello. Con isto Cangas non só é líder galego en número de praias se nón tamén destaca pola calidade do seu litoral.
Cangas tamén conta coa distinción de sendeiro azul no Roteiro de Donón. Estes recoñecementos unénse a outros como o outorgado a oficina municipal de turismo polo patronato Turismo Rías Baixas que poñen en valor a oferta turística de Cangas.











