Cancélase o XI Certame de Habaneras e Boleros
O Concello de Nigrán informa da cancelación do XI Certame de Habaneras e Boleros da Coral Polifónica Novos Aires previsto para mañá sábado ás 21.00 no salón de actos municipal, pola defunción dun dos compoñentes da coral. Nos próximos días informarase da nova data da actuación. O Concello de Nigrán e a coral transmiten as condolencias á familia e amigos do compañeiro falecido.











