Campus de fútbol do Club Louro Tameiga no campo de Cototorrón, en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMos
A-
A+

O Club Louro Tameiga organiza o seu I Campus de Fútbol que terá lugar do 15 ó 20 de xullo no Campo de Fútbol de Cototorrón en horario de 10.00 horas a 14.00 horas, contando con adestradores titulados e exercicios de especialización en accións ofensivas e defensivas, técnica individual e toma de decisións. Ademais o campus contará tamén cunha xornada de piscina con monitor especializado en natación, e realizaranse, ó longo de toda a semana, xogos de recompensa para os rapaces participantes, con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos, ambas incluídas.

O prezo por participante é de 75 euros, con desconto para os xogadores do Club Louro Tameiga, que pagarían 60 euros e, se levan con eles a un amigo, custaríalles 50 euros por cada un. Se acoden varios irmáns ó campus tamén teñen desconto, pagando 60 euros por persoa.

Os interesados en inscribirse para participar neste I Campus de Fútbol Club Louro Tameiga poden facelo xa chamando ós números de teléfono 607297833 e 629867854.

1 de xullo de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.